CURIOSIDADES DE ANIMAIS

Ola a todos e todas. Benvidos a esta nova sección de curiosidades de animais:

SABIAS QUE...
A rata CRIN ou rata CRESTADA AFRICANA mastiga raíces e codia dunha árbore moi velenosa para logo untarse para deste xeito evitar ser atacada polos depredadores.







Se coñeces algunha curiosidade e queres que a publique  escríbea no apartado de comentarios!. Deixa o teu nome para que figure quen dá a información.


Os gatos Persas son típicos de apartamento.Caracterízanse por ter unha longa  pelaxe, que é un dos seus principais atractivos.Son gatos moi doces e necesitan mostras de cariño constantemente.Ademais son moi presumidos e lles encanta que lles digan o fermosos que están.
CARLA de 5º






Os gatos siameses son de tamaño mediano e son esbeltos.Teñen as patas longas e delgadas e os ollos almendrados e sempre de cor azul. A súa pelaxe  é curta e sedosa.  
Jenni de 5º



Dun só grolo, un elefante é capaz de botarse coa súa trompa ata 15 litros de auga sobre o seu corpo durante o baño. É como unha ducha jet, grazas á súa supernapia, resultante da fusión do nariz e beizo superior, converténdos nun potente motor. Este consiste en miles de músculos, tanto lonxitudinais como concéntricos TAMARA 6

 
Os Golden Retiever son de orixe escocés.É unha raza de can moderna e popular,sobre todo nos Estados Unidos e Europa.Pénsase que desarrollouse no Reino Unido e máis cocretamente en Escocia ó redor do ano 1850,pero as mezclas producidas para obter esta raza aínda non se coñecen. Sarai de 5º