EXPERIMENTOS

EXPERIMENTOS EN FAMILIA

Ola de novo. Vos presento a nova sección do meu blog: "Experimentos en familia". Cada mes vos vou a amosar un sinxelo experimento para que o fagades xunto ós vosos pais e nais. O experimento deste mes é ...

METER UN OVO DENTRO DUNHA BOTELLA
Material Necesario:
Un ovo cocido sen codia.
Un botella cun bico de diámetro un pouco menor que o ovo.
Mistos.


Pasos a seguir:
Despois de cocer o ovo e quitarlle a codia, prendemos un par de mistos e metémolos dentro da bottella, inmediatamente colocaremos o ovo no bico e ides ver como se deforma e cae dentro. 
Que vos pareceu?

 

FACEMOS UN "AERODESLIZADOR"
Con material moi sinxelo imos facer un xoguete deslizante. 

Material necesario:
Un CD
Un tapón de bebida (a ser posible con boquilla)
Un globo
Pegamento
Cinta adhesiva

Pasos a seguir:
Collemos o CD e pegamos enriba o tapón,  facendo coincidir a abertura do tapón co burato do CD. Despois de que seque poñemos o globo na boquilla e para evitar que se saia poñemos cinta adhesiva o seu redor. Posteriormente inflamos o globo (sopramos polo burato do CD) e deixámolo no chan (a superficie debe ser lisa) e xa tes o teu aerodeslizador.


FRITIMOS UN OVO SEN TIXOLA E SEN ACEITE
Ides comprobar como podemos "fritir" un ovo sen ter que empregar lume, tixola ou aceite.


Material Necesario:
Un ovo cru.
Un prato fondo
Alcol




Pasos a seguir:
Cascamos o ovo e botámolo no prato fondo, despois cubrimos o ovo con alcol e esperamos unha hora aproximadamente.
Verás ó cabo do tempo como queda fritido (Ollo non comer).




O CORCHO SUBMARINO
Todos e todas sabemos que o corcho flota na auga. Queres convertilo nun submarino e que se afunda?. Pois se así é segue atentamente as indicicacións do Profesor Despistatus.

Material necesario:
1 Corcho
1 Recipiente fondo (plato sopeiro ou ensaladeira)
1 Vaso

Pasos a seguir:
Collemos o plato sopeiro ou ensaladeira e botámoslle auga, poñemos o corcho no centro. Que sucede? que flota Non si?. Agora collemos o vaso e poñémolo boca abaixo cubrindo o corcho. Que sucede agora? O corcho deixa de flotar e xa temos o noso submarino particular. Gustouche?.